Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un veciño de Lugo de 47 anos tras caer ao río á altura da ponte nova

Falece un veciño de Lugo de 47 anos tras caer ao río á altura da ponte nova

O corpo foi localizado esta mañá e as primeiras hipóteses apuntan a unha posible caída accidental 

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 21/08/2026 15:07

O corpo sen vida dun veciño de Lugo de 47 anos foi localizado este venres no río, á altura da ponte nova da cidade. 

O achado produciuse sobre as 11:00 horas e ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional, Policía Científica e Bombeiros de Lugo, que recuperaon o corpo da auga. 

Segundo as primeiras hipótesesm o home podería ter esvarado nun camiño estreito metres paseaba pola zona da escola de piragüismo, aínda que as cirscunstancias do falecemento deberán ser determinadas. 

O xulgado de garda foi informado para o levantamento do cadáver, que queda pendente de autopsia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade