Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fai 20 anos do accidente de tren de Villada, en Palencia, en que morrían tres galegos

Fai 20 anos do accidente de tren de Villada, en Palencia, en que morrían tres galegos

A nave de Pipas Facundo, ao lado da vía, foi un hospital de campaña improvisado

Veciños de Villada e traballadores de Facundo, os primeiros en axudar os feridos

O tren ía a máis velocidade da permitida. Morrían sete persoas, tres eran galegos.

G24.gal 21/08/2026 13:51

Hoxe fai vinte anos do accidente de tren de Villada, en Palencia. O convoi saíra da Coruña con destino a Bilbao e descarrilou. Morreron sete persoas e 86 quedaron feridas.

O accidente provocou unha gran mobilización. Os veciños e os traballadores da fábrica de Pipas Facundo, situada ao lado, acudiron ás vías para axudar as vítimas antes mesmo de que chegasen os servizos de emerxencias.

Dos sete falecidos, tres eran galegos. Máis dunha ducia dos feridos graves viaxaban tamén desde Galicia. O tren facía o percorrido A Coruña-Vigo-País Vasco.  

Moitos dos 86 pasaxeiros feridos volvían de facer o Camiño. Viaxaban 429 persoas. O tren ía a unha velocidade máis elevada do permitido nese treito de cambio de vía. O maquinista foi condenado a dous anos de prisión por homicidio por imprudencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade