Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha colisión entre un minibús escolar e un tren deixa catro mortos en Bélxica

Unha colisión entre un minibús escolar e un tren deixa catro mortos en Bélxica

O transporte escolar invadiu as vías cando a barreira do paso a nivel estaba baixada

Os falecidos son dous nenos e dous adultos que viaxaban no minibús

directo (Belga Press/Dirk Waem/vía Europa Press)
G24.gal 26/05/2026 12:00 Última actualización 26/05/2026 13:47

Catro persoas morreron este martes tras unha colisión entre un tren de pasaxeiros e un minibús escolar na localidade belga de Buggenhout, no norte do país, despois de que o vehículo entrara nas vías do tren cando o paso a nivel estaba pechado.

Segundo dixo o ministro federal de Mobilidade, Jean-Luc Crucke, á canle RTL, entre as vítimas hai dous dos sete menores que viaxaban no autobús, o condutor e o adulto que acompañaba os escolares

Outros cinco nenos foron trasladados ao hospital en estado grave e crítico. "Hoxe por hoxe a súa situación é estable", asegurou o alcalde do municipio, Geert Hermans.

A colisión tivo lugar contra ás 8:15, hora loca,l cando, segundo a portavoz da policía federal de Bélxica, An Berger, o minibús circulaba por unha vía paralela á liña ferroviaria e quixo virar á esquerda, cruzando as vías.

"A barreira estaba baixada nese momento e o vehículo foi embestido por un tren", dixo Berger en declaracións á televisión flamenca.

O centenar de pasaxeiros do tren saíu ileso, aínda que un deles foi atendido polo shock, mentres que no autobús viaxaban sete estudantes -escolares dun centro de educación especial-, un adulto responsable e o condutor.

"O paso a nivel estaba efectivamente pechado e o autobús, por razóns que descoñezo e que determinará a investigación xudicial, forzou o paso", dixo o ministro de Transporte de Bélxica, Jean-Luc Crucke.

"Había un tren que chegaba nese momento; nesas condicións, o accidente era inevitable", recalcou.

A Fiscalía abriu unha investigación sobre as circunstancias do accidente, para o que nomeou a un perito en tráfico que "deberá guindar máis luz sobre como puido producirse o accidente e cales foron as súas causas, (que) aínda non están claras", afirmou o Ministerio público.

"O que si sabemos é que a barreira estaba pechada e o sinal vermello estaba acendido. Pero as circunstancias máis concretas e unha maior claridade aínda están por establecerse", engadiu.

O laboratorio forense tamén está no lugar para realizar as dilixencias pertinentes.

"Pero o máis importante agora é determinar como puido ocorrer. Para iso levaranse a cabo diversas actuacións, entre elas comprobar se houbo testemuñas que o presenciasen e revisar as imaxes de cámara", dixo a voceira.

"É un día de loito absoluto para a nosa escola, Richtpunt Campus Buggenhout, un centro de educación especial onde se ensina a alumnos con trastornos de conduta, trastornos emocionais e TEA", dixo un portavoz do centro en declaracións aos medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade