Publicador de contidos

Publicador de contidos

Accidente ferroviario en Inglaterra que deixa polo menos un morto e ducias de feridos

Accidente ferroviario en Inglaterra que deixa polo menos un morto e ducias de feridos

O único falecido que hai de momento foi identificado como un dos maquinistas dos trens

O accidente produciuse arredor das 17:15 hora británica (16:15 GMT) do venres nunha liña ao sur de Bedford

Lugar do accidente, momentos despois de que colidiran os dous trens. Foto: Dr Pete Knapp/REUTERS. Lugar do accidente, momentos despois de que colidiran os dous trens. Foto: Dr Pete Knapp/REUTERS.
G24.gal 20/06/2026 09:37 Última actualización 20/06/2026 10:31

Dous trens colisionaron preto de Bedford, no centro de Inglaterra, pasadas ás cinco da tarde deste venres. No accidente morreu polo menos una persoa; foi identificada como un dos maquinistas dos convois.

No accidente quedaron feridas deceas de persoas, segundo confirmou a Policía Británica de Transporte (BTP) e posteriormente confirmou o secretario xeral do sindicato británico de transporte RMT, Eddie Dempsey,

O accidente produciuse ao redor da 17.15 hora británica (16:15 GMT) do venres nunha liña ao sur de Bedford. O Servizo de Ambulancias do Leste de Inglaterra (EEAST) que se desprazou ata o lugar do sinistro,precisou que había, polo menos, 89 persoas feridas, das cales 11 teñen lesións moi graves, outras 22 graves e 56 feridas leves.

A asistencia sanitaria no lugar do accidente. Foto: Dr Pete Knapp/REUTERS. A asistencia sanitaria no lugar do accidente. Foto: Dr Pete Knapp/REUTERS.

O primeiro ministro británico, Keir Starmer, asegurou na rede social X que os informes que chegan sobre a colisión ferroviaria son "tremendamente preocupantes" e agregou: "Os meus pensamentos están coa familia da persoa que, lamentablemente, faleceu, e con aqueles que resultaron gravemente feridos".

Hugely concerning reports of a collision involving two passenger trains near Bedford.

First and foremost, my thoughts are with the family of the person who has sadly lost their life, and with those who have been seriously injured.

I am grateful to the emergency services for…

Os trens accidentados son dous da compañía ferroviaria East Midlands Railway (EMR). Un proveniente da cidade inglesa de Corby, en dirección á estación londiniense de St. Pancras, que chocou cun segundo tren, tamén de EMR, que saíra desde Nottingham e que ía cara ao mesmo destino.

Entre os motivos do accidente, as autoridades barallan a posibilidade de que o primeiro tren se detivese debido a un fallo no sistema de seguridade e que, posteriormente, o segundo chocou coa súa parte traseira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade