Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un subtenente do Exército do Aire que estaba despregado en Santiago na loita contra os incendios

Falece un subtenente do Exército do Aire que estaba despregado en Santiago na loita contra os incendios

O Exército do Aire e do Espazo, o Estado Maior da Defensa, o Exército de Terra e a UME mostaron a súa "profunda dor" pola perda do subtenente José Ángel Fernández e deron o seu pésame á súa familia, amigos e compañeiros

O subtenente. do 43 Grupo do Exército do Aire e do Espazo, faleceu por causas naturais mentres estaba destacado en Santiago no marco da campaña de loita contra os incendios forestais

Conta de X @EjercitoAire Conta de X @EjercitoAire
G24.gal 21/08/2026 13:04 Última actualización 21/08/2026 13:21

O subtenente José Ángel Fernández do 43 Grupo do Exército do Aire e do Espazo faleceu por causas naturais mentres estaba destacado en Santiago no marco da campaña de loita contra os incendios forestais.

Nunha mensaxe publicada este venres na rede social X, o Exército do Aire e do Espazo mostrou a súa "profunda dor" pola perda do subtenente Fernández e deu o seu pésame á súa familia, amigos e compañeiros.

Do seu lado, o 43 Grupo ao que pertencía encomiou na rede social Instagram as súas máis de 30 anos e 4.000 horas de voo na unidade e asegurou que "quedan pequenas en comparanza co seu compañeirismo, o seu carisma e o seu profundo amor á súa profesión".

Tamén o Estado Maior da Defensa (EMAD), o Exército de Terra e a Unidade Militar de Emerxencias (UME) trasladaron as súas condolencias polo falecemento do subtenente a través da citada rede social.

O 43 Grupo é a unidade do Exército do Aire e do Espazo que se encarga da extinción de incendios forestais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade