Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan os fans de Harry Potter e cada vez máis deportistas xogan ao quadball

Aumentan os fans de Harry Potter e cada vez máis deportistas xogan ao quadball

Aumenta o número de xogadores do quadball en Galicia, o xogo de Harry Potter

Os fans do mago mercan cada vez máis xogos e pezas vencelladas coa personaxe de J. K. Rowling

G24.gal 28/08/2026 13:57

As estatísticas estiman que unha de cada quince persoas no mundo teñen ou leron, alomenos, un dos libros de Harry Potter. O interese pola saga do mago Potter segue aumentando a nivel global. Tamén en Galicia convence Harry. Aquí está a tenda sobre Harry Potter máis grande de España e aumentan os equipos deportivos que xogan ao quadball, que está inspirado no que xogan nas novelas de Potter.

É un deporte de contacto que se xoga sobre unha vasoira voadora, nas pelis de Harry Potter. Na versión real, o quadball, mestura de balonmán, rugby, balón prisioneiro e baloncesto, ten unha pelota de tenis dentro dun calcetín amarelo que hai que roubarlle ao equipo contrario. Cada vez hai máis xogadores e xogadoras, porque é mixto, en Galicia. 

Hai máis de 270 millóns de seguidores de Potter en todo o mundo, que mercan, recorrentemente, artigos vencellados co mago do colexio Hogwarts, da casa Gryffindor.

O aumento de seguidores transformou un fenómeno literario como é o de Harry Potter unha estrutura económica e deportiva moi estable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar