Publicador de contidos

Publicador de contidos

Emotivo reencontro no balneario histórico de Cortegada

Emotivo reencontro no balneario histórico de Cortegada

Catro irmáns emigrantes reúnense para festexar os seus aniversarios

Percorreron milleiros de quilómetros para verse

Entre todos, suman 250 anos

 

 

G24.gal 14/06/2026 14:43

"Morriña. Morriña. Pero alá tamén estou ben".

Pepe é o maior e tamén quen fixo máis quilómetros. Veu desde Guatemala para reunirse cos seus irmáns en Cortegada.

"Estiven en Italia, en Vietnam, en Colombia, Centroamérica e terminei en Guatemala por dous anos e xa levo sesenta".

Amparo, que vive en Lleida, tamén viaxou. No espazo e no tempo, aos recordos da infancia que pasaron aquí.

"Xogabamos a saltar á corda, a escondernos...". "Reencontrarse e estar xuntos. Falar dos tempos de antes, dos nosos pais, que non foron ricos pero déronnos todo o que puideron".

Soledad e Ramón, o máis novo dos irmáns, estiveron nos Estados Unidos, en Nova Jersey, pero apenas poden contalo coa emoción.

"Para min é unha emoción enorme estar aquí celebrando todo isto".

Un día inolvidable que pasaron na compaña dos que veñen detrás. Fillas, xenros e netas, orgullosas tamén das raíces familiares e, sobre todo, dos seus avós. "Viñemos celebrar o aniversario do meu avó". "É moi gracioso, ocurrente... unha persoa marabillosa, a verdade", din as dúas netiñas de Pepe, que viñeron canda el desde Guatemala.

Emocións a flor de pel e unha boa cifra para festexar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade