Cargando resultados...
Aos seus 90 anos, Amelia cumpriu o seu soño de saltar en paracaídas
Botou aturuxos antes e despois do salto, voou a 200 por hora e foi contemplando o mundo dende o ceo mentres descendía marabillada
G24.gal
15/07/2026 21:09
Última actualización 15/07/2026 21:23
Foron uns segundos de caída libre a máis de 200 quilómetros por hora, e logo uns minutos de descenso suave. Aos seus 90 anos, Amelia decidiu cumprir o seu soño de saltar en paracaídas.
A súa fazaña quedou rexistrada nun vídeo no que podemos ver esta veciña da Caniza gozando da sensación de voar, dende a vertixe do salto dende o avión ata os momentos para ir contemplando a paisaxe.
"Ai, o que me estaba perdendo!", resumiu Amelia despois de aterrar
Quedou marabillada. Non en van, Amelia é nome de aviadora.