Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moitos famosos elixen Galicia para pasar as súas vacacións

Moitos famosos elixen Galicia para pasar as súas vacacións

Galicia estase a converter nun destino turístico moi demandado; tanto, que cada vez son máis os rostros coñecidos que elixen a nosa comunidade para descansar

Actores, modelos ou mesmo o seleccionados nacional, Luis de la Fuente, que se achegou ata A Costa da Morte
 

G24.gal 18/08/2026 08:44

Tras gañar​ o Mundial de Fútbol, o seleccionador nacional, Luis de la Fuente, elixiu Fisterra e a zona da Costa da Morte para pasar o seu descanso de vacacións nesta fin de semana de agosto.  

Volverá a un destino turístico que non pasa desapercibido entre aqueles rostros coñecidos que utilizan as súas redes sociais para promover os encantos da nosa comunidade. Esther Expósito deixouse ver por Lugo, concretamente por Viveiro, de onde súa nai é orixinaria. Neste caso resaltando a natureza tan característica dunha zona que mesmo, co ceo grise, gusta aos visitantes por tratarse de todo un refuxio climático..

Outra actriz como Blanca Suárez tamén se deixou ver por Galicia, concretamente por Carballo, a carón da praia de Razo nunha fin de semana que ela mesma cualificou nas súas redes de "perfecta". E máis cara ao sur, o actor Maxi Iglesias tamén presumiu de verán en Galicia, e non é a primeira vez.

Un turismo que busca natureza, gastronomía e lugares únicos, case imposibles de inmortalizar nun momento a través da nosa cámara. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade