A dona dun bazar chinés en San Cibrao das Viñas triunfa amosando o seu día a día nas redes sociais
Fang Ling é a propietaria do establecemento e os seus vídeos acumulan milleiros de visualizacións
Con moito humor conta anéctodas para primocionar a tenda e estase convertendo en todo un fenómeno viral
Leva xa máis de 20 anos en Ourense e os seus clientes e seguidores falan marabillas dela
Se aínda non a coñecen polos seus destacados vídeos nas redes sociais, presentámoslles a Fang Ling. Chegou da China hai máis de 20 anos para traballar no bazar familiar en Ourense, e agora para dar a coñecer o seu novo establecemento no polígono de San Cibrao das Viñas, estase convertendo en todo un fenómeno viral. E milleiros de persoas visualizan os seus vídeos cheos de humor.
"Ola, bos días, son Fang Ling, estou no noso Bazar en San Cibrao, e hoxe...."(Risas) E Repetimos... "Hoxe saímos na Televisión de Galicia".
Entre os corredores e o mostrador do seu Bazar Chinés Fang Ling leva toda unha vida atendendo clientes, sempre cun sorriso na cara. E co seu sentido do humor e espontaneidade está a conquistar as redes sociais cos seus vídeos. Por exemplo, nun deles conta que non ten ningunha reseña negativa na Internet, vese como sae do local un cliente enfadado e sae tamén Fang Ling pegándolle un tiro. Todo unha broma que xa é viral.
Un xeito actual e efectivo de dar a coñecer o seu día a día con anécdotas reais e outras ficcionadas.
"Eu sei que as redes sociais son o futuro e por iso empecei aquí", di Fang Ling Zhou, a propietaria do Bazar San Cibrao.
Coñecida polos seus seguidores nas redes sociais, pero moi querida tamén entre a clientela habitual.
Cada vez máis famosa. Fang Ling di que non ten nin vergonza, nin medo, o seu é o comercio e ser vendedora. Leva xa máis de 20 anos en Galicia, en Madrid coñeceu un galego co que casou, e en Ourense formou a súa familia galego-chinesa.