Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os perfis 'curis', de moda nas redes sociais, poden ser constitutivos dun delito

Os perfis 'curis', de moda nas redes sociais, poden ser constitutivos dun delito

'Curis', a nova moda estudantil

Son publicacións anónimas e en clave de humor para ridiculizar e humillar compañeiros e profesores

 

 

Os 'curis' non sempre teñen un carácter respectuoso e humorístico
G24.gal 26/10/2026 13:41

Chámanlles curis ou curimomos. Son perfís anónimos creados en redes sociais dende os que se comparten memes e vídeos sobre a vida na escola. O humor é a clave, anécdotas de aula na maioría da veces inofensivas. A liña traspásase cando se utilizan para sinalar, ridiculizar e mesmo humillar a compañeiros e profesores.

"Todos queremos caer ben, pero hai que ser conscientes do mal que lle podes facer a outra persoa cando a levas en redes sociais onde a ven milleiros e milleiros de persoas, facendo unha burla de algo que é puntual ou de algo que ti consideras que é unha parvada, pero que en realidade non é así, que podes facer moito dano", apunta Víctor Fuentes, presidente da AFA do colexio La Salle.

O contido destas publicacións pode ser constitutivo dun delito. A policía advirte das responsabilidades penais e civís aínda que se actúe dende unha conta anónima.

"Se che chega unha publicación que humilla, non a compartas, reenvíaa e apoia a quen a estea sufrindo, e se che está pasando a ti, garda capturas, garda o usuario e tamén os enlaces, fala cun adulto de confianza, co teu centro educativo, e denúnciao ante a Policía Nacional", explica un voceiro da Policía Nacional.

A moda dos curis chegou tamén aos institutos de toda Galicia, dende onde se apela á responsabilidade das familias, que deberían estar vixiantes.

"Hai que facer tamén partícipes os nenos do que pode pasar na casa ou coa familia cando fas este tipo de cousas que se pasan da legalidade", conclúe Victor Fuentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade