Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Boiro sae ileso despois de caer co coche nun desnivel de difícil acceso

Un veciño de Boiro sae ileso despois de caer co coche nun desnivel de difícil acceso

Un despiste fixo que saíra da vía nunha curva de Sandrenzo

Os veciños destacan que xa houbo máis accidentes nese mesmo punto

 

G24.gal 26/10/2026 14:05

Plantado no medio da maleza, sen posibilidade de avanzar ou retroceder, así quedou o coche dun veciño de Boiro despois de que un descoido o trouxera ata alí na noite do sábado. 

O condutor saíu da vía nunha curva que conecta a aldea de Sandrenzo co polígono industrial da Espiñeira, posiblemente despois de esquivar un madeiro na calzada. Un punto perigoso segundo os veciños, no que xa houbo máis dun susto.

Malia o forte impacto, primeiro cun petón nos baixos e despois cos tocos dos piñeiros, o condutor non precisou asistencia sanitaria. De feito saíu polo seu propio pé do vehículo, que será retirado cun guindastre especial con pluma, o único capaz de acceder a tan complicado terreo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade