Publicador de contidos

Publicador de contidos

Científicos do IDIS e do Carlos III reclaman a continuidade dos investimentos e da cooperación

Científicos do IDIS e do Carlos III reclaman a continuidade dos investimentos e da cooperación

Os institutos públicos de investigación sanitaria destacan a importancia do financiamento para lograr a equidade no acceso aos tratamentos máis avanzados

Que teñamos unha vida máis longa e máis saudable pasa por desenvolver a medicina personalizada

 

G24.gal 26/10/2026 13:52

Un cribado neonatal máis completo, que permite atallar enfermidades raras antes de que dean síntomas, ou a investigación Mamorisk que deseña unha calculadora para a prevención personalizada do cancro de mama.

"Traballamos na prevención personalizada do cancro de mama. A razón é que non todas as mulleres somos iguais, temos diferenres factores de risco e queremos personalizar o cribado", explicou Manuela Gago, a Directora do grupo de xenética do cancro do IDIS

Co apoio da IA deseñan unha ferramenta que, ademais das mamografías, teña en conta factores xenéticos, estatura, hábitos, morfoloxía das mamas. É un dos exemplos da investigación que se desenvolve no IDIS de Santiago. 

"Nón é só xerar coñecemento, o importante é que ese coñecemento chegue aos pacientes e á sociedade", subliñou Luz Couce, a Directora do IDIS

 

O cribado neonatal deseñado no IDIS permite atallar enfermidades raras antes de que presenten síntomas O cribado neonatal deseñado no IDIS permite atallar enfermidades raras antes de que presenten síntomas


Estudos que alongan e melloran a vida, pero para os que hai que actualizar e mellorar os investimentos.

"Obviamente hai que incrementalos polo custo da vida, pola actualización de salarios dos investigadores. Ten que ser un acordo de país", dixo Manuel Cuenca Subdirector xeral do Instituto de Saúde Carlos III

"Debemos colaborar entre o sector público e privado, pero tamén entre as diferentes administracións, e eu penso que estes programas foron un exemplo de colaboración entre ministerios, pero tamén cos de todas as comunidades autónomas" , decalrou Raquel Yotti, a Comisionada do PERTE para saúde de avangarda do Ministerio de Ciencia 

Os pertes, programas estratéxicos con financiamento europeo, buscan a equidade no acceso aos avances científicos e tamén que coa investigación e a innovación mellore o crecemento ecnomómico do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade