Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan por primeira vez un gorgoncéfalo en augas galegas

Atopan por primeira vez un gorgoncéfalo en augas galegas

O exemplar foi localizado na ría de Arousa e o achado amplía a distribución coñecida desta especie no Atlántico 

G24.gal 03/06/2026 12:43 Última actualización 03/06/2026 13:08

Persoal investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), en colaboración co Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM), documentou por primeira vez un exemplar vivo de gorgoncéfalo (Astropartus mediterraneus) en augas galegas. 

O descubrimento produciuse na ría de Arousa, onde foi localizado un exemplar xuvenil a 33 metros de profundidade, na contorna da zona coñecida como A Tartaruga. O animal foi observado entre ramas de gorgonia Leptogorgia segmentosa, un hábitat compatible coas súas preferencias ecolóxicas. 

Segundo informou o IEO, o achado amplía significativamente o límite norte coñecido desta especie e podería estar relacionado con cambios oceanográficos e climáticos no Atlántico noroccidental. 

O estudo, publicado na revista PeerJ, destaca que os rexistros atlánticos desta especie eran escasos e baseados en exemplares mortos ou capturados accidentalmente. 

Os investigadores apuntan a factores como o transporte larvario favorecido polas corrente mariñas, o aumento das temperaturas ou a dispoñibilidade de hábtitats adecuados para explicar a presenza da especie en Galicia. Con todo, advirten de que podería tratarse de un individuo illado e reclaman máis seguimento para determinar se se trata dun caso puntual ou do inicio dunha expansión na súa área de distribución. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade