Un neno da Mezquita pregúntase se atopou un megacriometeoro
É un bloque de xeo cunha forma peculiar, do tamaño dunha pelota e que caeu por sorpresa do ceo mentres camiñaba cos seus pais
O rapaz é todo emoción polo achado. Agora gárdao con moito tino e agarimo no conxelador da súa casa
Lorenzo ten 12 anos, encántalle a ciencia e é moi curioso, el mesmo o mandou un correo á redacción da TVG e pediunos axuda para investigar máis sobre este suceso
Lorenzo ten 12 anos, encántalle a ciencia e é moi curioso. E enviounos este correo. Nel explicános que foi o que atopou e pídenos axuda para investigar máis sobre este suceso.
Despois de varias búsquedas na internet, o propio Lorenzo ten claro de que se trata: MEGA CRIO METEORO.
A curiosidade e a pensamento científico de Lorenzo, un neno de 12 anos que vive no concello ourensán da Mezquita fixo que contemos a súa historia dun curioso achado.
No seu paseo familiar procurando cogomelos viu caer a poucos metros del unha pedra de xeo, si como unha bóla conxelada.
O ceo estaba completamente despexado onte á tarde coma en case toda Galicia. Sorprendido, púsexe a investigar, volveu e gardou os restos no conxelador. Agora quere saber se podería tratarse dun raro fenómeno, un megacriometeoro.
"Estabamos buscando cogomelos e, de repente, vimos como caía un anaco de xeo. Pensamos: Isto é poliespán, isto é calquera cousa, unha pedra”. Non nos deu nin tempo a reaccionar do rápido que caeu. Quedamos así como en shock, quedamos espantados. Deixámolo alí pensando que podería ser xeo dun avión ou algo así
"Como el é moi curioso, cando chegamos á casa o primeiro que fixo foi buscalo en Google e tal, apunta o pai de Lorenzo, Ítalo Barassi Iglesias. Descubrimos que podería ser un megacriometeoro. E púxose así como tolo", apunta o pai.
"Collín todos os anacos máis grandes e, antes de que se desconxelasen, porque facía moita calor, metinos no conxelador. Pensei: Isto hai que gardalo como recordo ou como sexa, porque as probabilidades son absurdamente baixas. Incluso podería ser máis probable que nos tocase a lotaría. Pensei en informar, porque isto podía ser tan importante que dixen: Isto temos que presentárllelo ao mundo, á ciencia".
Lorenzo ten 12 anos pero actuou como un investigador. Agora agarda que a ciencia faga probas e lle dea unha explicación a que é esta rara pedra de xeo, que conserva como se fose un tesouro.
Este é o seu sorriso cando chegou á casa co seu anaco de xeo.