Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente na AP-9 en Padrón termina cun coche envorcado e unha muller ferida

Un accidente na AP-9 en Padrón termina cun coche envorcado e unha muller ferida

Era a única ocupante do vehículo, en principio, non houbo máis vehículos involucrados

GES de Padrón
G24.gal 30/08/2026 21:18

Un accidente de tráfico na AP-9, ao seu paso por Padrón, concluíu cun coche envorcado e unha muller, duns 54 anos, ferida.

Era a única ocupante do vehículo, en principio, non houbo máis vehículos involucrados.

Ao redor das 13:00 horas do domingo, o 112 Galicia recibiu o aviso sobre a presenza deste coche envorcado no quilómetro 84,5 da autoestrada, á altura da parroquia de Cruces.

Uns minutos despois, unha particular alertou de que a única ocupante do vehículo puidera saír polos seu propio pé, aínda que estaba ferida.

Ata o punto acudiron o GES de Padrón, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Boiro e o 061, que se encargou de dar asistencia sanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar