Cargando resultados...
Ferido un condutor ao perder o control do coche e quedar enriba da mediana da A-55
O home precisou atención sanitaria e un guindastre tivo que sacar o vehículo do lugar
G24.gal
26/08/2026 19:40
No Porriño, un home resultou ferido despois de que o seu coche quedara atravesado enriba da mediana da A-55.
O condutor perdeu o control do vehículo por causas que se descoñecen.
O accidente ocorreu na tarde deste mércores.
O condutor precisou atención sanitaria e un guindastre tivo que sacar o vehículo do lugar.
O tráfico na zona está totalmente restablecido.