Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaconsellan o baño na praia viguesa da Calzoa por contaminación

Desaconsellan o baño na praia viguesa da Calzoa por contaminación

As analíticas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectaron unha cantidade excesiva de materia fecal na auga

Imaxe de arquivo de Turismo.gal Imaxe de arquivo de Turismo.gal
G24.gal 26/08/2026 17:56

A Consellería de Sanidade detectou nas analíticas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) unha cantidade excesiva de materia fecal nas augas da praia viguesa da Calzoa, polo que se desaconsella o baño.

Os controis foron realizados o pasado luns, 24 de agosto, e reflicten unha concentración de E. coli superior ás 2.005 unidades na parte dereita do areal e de 831 na zona esquerda, oficialmente habilitada para cans.

Trátase dunha presenza de E. coli, en ambos os casos, moi superior aos niveis considerados seguros para o baño.

A noticia sucede a outra de igual natureza coñecida este martes, cando se desaconsellou o baño tanto na zona central de Samil, o areal máis concorrido de Vigo, como na praia da Punta.

Nos dous casos detectouse nas analíticas realizadas o pasado domingo, 23 de agosto, unha presenza excesiva de materia fecal, que o Concello atribuíu nun comunicado ás intensas chuvias dos últimos días.

No caso da praia de A Punta é o segundo episodio desta natureza que se produce, e no conxunto das praias de Vigo xa se rexistraron varios no que vai de verán: aos dos últimos dous días hai que sumar outros ocorridos en praias das illas Cíes e en areais de Alcabre e Teis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade