Cargando resultados...
Veciños de Bertamiráns alertan dunha nova vertedura no río Sar
Sospeitan que procede das obras da depuradora compostelá de Silvouta
Vertedura no río Sar, en Bertamiráns. TVG.
G24.gal
04/08/2026 21:05
Os veciños de Bertamiráns, en Ames, atopáronse na tarde deste martes cun cheiro desagradable no río Sar. A auga baixaba moi turbia na zona do paseo fluvial.
Sospeitan que a vertedura procede das obras da depuradora compostelá de Silvouta, que xa vén provocando problemas deste tipo con frecuencia.
Desde Augas de Galicia enviaron un equipo de control de verteduras para tomar mostras.