Un laboratorio sevillano analizará os residuos radioactivos vertidos fronte á costa galega
O Centro Nacional de Aceleradrores e a Univesidade de Sevilla farán probas sobre as mostras recollidas pola expedición liderada polo Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia
Bidón radioactivo depositado no fondo mariño (EFE/Universidade de Sevilla/Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia)
O Centro Nacional de Aceleradrores e a Univesidade de Sevilla (US) van analizar o estado dos residuos radiactivos dos máis de 200.000 barris vertidos fronte a costa galega ata os anos 80 do século pasado, en colaboración coa expedición ocenográfica lierada polo Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia (CNRS, polas súas siglas en francés).
As mostras recollidas na campaña estudaranse na capital andaluza coa única instalación de espectrometría de masas con aceleradores operativa en España.
O obxectivo é determinar se as substancias radioactivas que conteñen estes residuos se dispersaron e avaliar a súa interacción cos ecosistemas das grandes profundidades mariñas, detallaron desde a US nunha nota de prensa.
Espectrometría de masas
A espectrometría de masas con aceleradores coa que se van a analizar nas instalacións do Centro Nacional de Aceleradores, institución mixta da US, a Junta de Andalucía e o Consello Superior de Investigacións Científicas, serve para detectar radionúclidos presentes en concentracións extremadamente baixas, como determinados isótopos de uranio e plutonio ligados á industria nuclear.
Permitirá identificar a orixe dos materiais detectados, reconstruír procesos de dispersión e comprender mellor a evolución destes residuos no océano profundo.
Estas metodoloxías farán posible avanzar na detección de radionúclidos de interese ambiental e abrir novas liñas de investigación sobre contaminación mariña e xestión de residuos radioactivos.
O buque oceanográfico Pourquoi Pas? avanza deste xeito no coñecemento dunha das maiores zonas históricas en augas profundas de vertedura de residuos radioactivos, procedentes de actividades nucleares civís e de investigación.
O submarino tripulado Nautile, capaz de operar a profundidades de ata 6.000 metros, colaborou nesta expedición, na que se realizaron inmersións a máis de 4.700 metros de profundidade para a recollida de mostras de auga, sedimentos e organismos mariños preto dos barrís.
Este proxecto, denominado NODSSUM26 polas siglas en inglés de Nuclear Ocean Dump Site Survey and Monitoring, integra tamén a institucións de referencia de países europeos como Alemaña e Noruega.