Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vertedura de 600 litros de combustible no mar: Vigo activa un simulacro para ofrecer a mellor resposta

Vertedura de 600 litros de combustible no mar: Vigo activa un simulacro para ofrecer a mellor resposta

Os equipos de emerxencias participaron nun simulacro para conter unha vertedura de 600 litros de hidrocarburos

Amplo dispositivo de medios na ría de Vigo no simulacro dun incendio nun buque

Un momento do simulacro en Vigo (TVG)
G24.gal 01/10/2026 15:23

No mar, a coordinación pode ser decisiva. Este xoves, na ría de Vigo, os equipos de emerxencia participaron nun simulacro para conter unha vertedura de 600 litros de hidrocarburos.

Galicia conta con moitos quilómetros de costa. No que levamos de ano pasaron por aquí case 26.000 buques. Un fallo mecánico, un incendio a bordo ou un accidente poden provocar unha fenda no tanque de combustible e desencadear unha gran vertedura.

E neste simulacro a situación complícase, e moito, ameazando zonas vulnerables da costa.

Neste caso, a mancha de fuel chega ata a praia de Rodeira e é necesario activar un nivel dous de alerta, onde entra en xogo a coordinación de todos os organismos tanto a nivel autonómico, nacional como europeo, poñéndose en marcha un gabinete de crise.

A coordinación é a palabra clave nunha emerxencia en que tamén estiveron presentes observadores de Francia e Portugal.

O simulacro no mar finaliza satisfactoriamente. Pero o traballo de todos os organismos non remata aquí. Agora toca facer balance e avaliar os resultados co afán de solucionar e evitar posibles fallos nun caso real.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade