O formato "mini" imponse na cesta da compra
350.000 persoas viven soas en Galicia e demandan os formatos pequenos
350.000 galegos viven sós nas súas casas. Un dato que non para de medrar nos últimos anos. E por suposto, o mercado adaptase a nova realidade. Cada vez e mais habitual ver produto en formato mini nos supermercados. Porque non sempre temos tanta fame ou tanta sede.
"Aumentou a venda destes produtos, si que o notamos. A xente máis maior que vive soa son os que máis consumen, tamén xente nova que non quere tirar", comenta Noelia Pérez, responsable do supermercado Plenus San Roque.
Un aumento nas vendas que nótase, sobre todo, en certos produtos.
"Queixos individuais, tamén as marmeladas. Despois temos paquetes de galletas pequenos e os blísters de friame que veñen agora máis pequenos", afirma Noelia Pérez, responsable do supermercado Plenus San Roque.
E na rúa...a xente entende a presenza destes produtos.
"Paréceme máis cómodo para o día a día, sobre todo para unha persoa sola ou para mandar a unha persoa que este estudando. Prefiro abrir dúas pequenas e non ter unha grande aberta", comenta a xente.
É o punto negativo, estes formatos soen ser máis caros. Pero o certo e que axuda a reducir o desperdicio alimenticio e gastar menos plástico.