Publicador de contidos

Publicador de contidos

A praza de abastos de Tui, última incorporación á Rede de Mercados Excelentes de Galicia

A praza de abastos de Tui, última incorporación á Rede de Mercados Excelentes de Galicia

Xa son sete, todas nas provincias de Pontevedra e da Coruña

O selo destaca a calidade do produto e a modernización das instalacións tradicionais

Son escaparates dos produtos locais e comarcais e actúan de focos de dinamización da economía da contorna

Chegar a ser un Mercado Excelente, como o de Tui, conleva a modernización das instalacións tradicionais
G24.gal 19/09/2026 15:30

A praza de abastos de Tui leva 15 días xa exibindo fachendosa o seu selo de Mercado Excelente. Tras un investimento dun millón trescentos mil euros, este mercado de Santo Antonio é o sétimo que consegue o selo do cento que hai en 74 concellos de Galicia.

Un baremo de excelencia que premia a adaptación destes centros de consumo tradicionais sen perder a súa esencia. Antes de 2030, a Consellería de Emprego e Comercio quere alcanzar os 25 selos, sempre coa colaboración dos concellos e dos praceiros.

A primeira praza de abastos en acadar o selo de Mercado Excelente foi a de Tomiño, no Baixo Miño, en 2018. Neste tempo, o selo exhíbeno tamén nas de Vilagarcía de Arousa, Ponteareas, Pontedeume, Ribeira e Carballo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar