Morre un home logo de caer co coche ao río Tambre
Era o único ocupante do vehículo
O condutor dun vehículo faleceu tras caer co coche ao río Tambre, ao seu paso pola parroquia de Berdía, en Santiago de Compostela.
Un particular avisou o 112 Galicia ás 14:55 horas, e informou de que un vehículo caera ao río e de que podía haber polo menos unha persoa no seu interior.
Solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e da Garda Civil, así como de Protección Civil.
Poucos minutos despois, o particular volveu contactar co 112 Galicia para comunicar que conseguiran sacar o home, veciño da zona, do interior do vehículo e que, aparentemente, podería estar falecido.
Finalmente, o persoal sanitario desprazado ata o lugar confirmou o falecemento do condutor, duns 70 anos, que era o único ocupante do vehículo.
Estase a investigar a causa do suceso.