Publicador de contidos

Publicador de contidos

O autocoidado, un antídoto contra o estrés postvacacional

O autocoidado, un antídoto contra o estrés postvacacional

Volver ao traballo despois das vacacións supón un pico de estrés para moitos traballadores

As condicións do traballo e a satisfacción individual á hora de desenvolvelo son determinantes á hora de reincorporarse

G24.gal 29/08/2026 14:21 Última actualización 29/08/2026 14:58

Volver traballar despois de botar un mes de vacacións pode supoñer un pico de estrés para algúns traballadores, polo que dende a psicoloxía recoméndase manter rutinas de autocoidado

"Se unha persoa ten un posto de traballo satisfactorio, cunha carga de traballo adaptada ás súas capacidades e competencias. Se ademais lle dá autonomía seguramente o retorno ao traballo vai ser máis levadío. En cambio, aquelas voltas a actividades laborais con pouco contido psicolóxico serán menos atractivas á hora de retornar", asegura Carlos Montes, presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia,

Con todo, moitos tratalladores e traballadoras concordan en que o traballo é un mal menor, necesario para poder vivir, e que o feito de volver á tarefa tamén é unha oportunidade de reencontrarse con compañeiros e clientes.

"Custa algo o primeiro día pero despois xa se volve á normalidade", di unha traballadora

O cambio é máis brusco cando as vacacións son máis longas. Sete de cada dez españois escollen xullo e agosto para as vacacións aínda que cada ano hai máis xente que elixe xuño ou setembro. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade