Faltan mozos que queiran ser fontaneiros
Na fontanería hai un gran nicho de negocio
Un milleiro de profesionais reuníronse este xoves nunha feira na Coruña
O de fontaneiro é un deses oficios que sempre teñen demanda. Pero ter o traballo asegurado non semella atractivo suficiente para a mocidade actual.
"Non hai xente nova que traballe nisto", lamenta Santiago. "Os mozos de hoxe queren ser funcionarios", apunta Jaime. "Se poden vivir sen traballar, para que van traballar", ironiza outro asistente á feira que este xoves reúne un milleiro de fiontaneiros na Coruña.
Óscar é unha das escasas excepcións. Aos seus 23 anos, acaba de herdar a empresa onde aínda traballa seu pai. "Sería parvo se non a collese", recoñece. "Se vai ben, xenial, e se non, coa miña idade teño traballo por fóra seguro".
Porén, o fundador da empresa, seu pai Plácido, admite os seus propios prexuízos e reticencias iniciais. "Non me arrepinto. Pero sempre pensas en que faga outra cousa...", di.
Pois aviso a mozos indecisos. Hai outras cousas, claro que as hai, pero na fontanería o nicho de negocio é evidente.