Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional para a muller que confesou o asasinato da súa nai no Carballiño

Prisión provisional para a muller que confesou o asasinato da súa nai no Carballiño

Pasou a disposición xudicial ao recibiu a alta da unidade de psiquiatría onde estaba ingresada desde o 1 de xullo

O xulgado determina que deberá cumprir a medida de cadea preventiva nun módulo terapéutico polo estado da súa saúde mental

Fachada da vivienda. Europa Press Fachada da vivienda. Europa Press
G24.gal 17/07/2026 18:56

A maxistrada do xulgado do Carballiño acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para a muller acusada de asasinar a súa nai o 1 de xullo. Pasou a disposición xudicial este venres porque foi agora cando recibiu a alta na unidade de psiquiatría do Hospital de Ourense onde estaba ingresada desde que confesara o crime.

A muller, de 39 anos de idade, padece trastornos psiquiátricos. O día do crime foi atopada deambulando de madrugada na contorna do domicilio e nese momento autoinculpouse de provocar a morte da súa nai mediante asfixia. A Garda Civil acudiu entón á vivenda na que atoparon o cadáver.

Dado o estado da súa saúde mental, a maxistrada determinou que cumpra a privación preventiva da liberdade nun módulo terapéutico ou instalación análoga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade