Publicador de contidos

Publicador de contidos

A muller que confesou o asasinato da súa nai no Carballiño non declarará ata que lle dean a alta

A muller que confesou o asasinato da súa nai no Carballiño non declarará ata que lle dean a alta

A muller permanece ingresada na unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense

G24.gal 03/07/2026 16:19

A muller que confesou que matou a súa nai no Carballiño continúa ingresada na unidade de psiquiatría do hospital de Ourense. Non pasará a disposición xudicial ata que lle dean a alta. Na vila continúan conmocionados.

O xulgado número un do Carballiño xa abriu un procedemento por homicidio polo presunto matricidio da aldea da Granxa. Agarda agora o informe da Garda Civil. 

O Concello subliña a rápida actuación daquela madrugada, que comezou cando un policía local de Ourense, fóra de servizo, atopou a muller desorientada pola rúa.

"Os policías, aquí, tan pronto os chaman, acoden ao lugar e deron parte á Garda Civil. Empezan a chamar, non contestaba ninguén. Entraron coa Garda Civil e xa a atoparon no chan e sen vida", relata Alberto Otero, concelleiro de Seguridade do Carballiño.

O Goberno local pide non calar ante posibles situacións de risco familiar

"Animamos á xente, cando vexan este tipo de cousas, a denuncialas", di o concelleiro.

O xulgado ordenou ao hospital avisar en canto a muller reciba a alta para celebrar a comparecencia de prisión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade