Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional para o detido por matar a seu pai en Aguiño

Prisión provisional para o detido por matar a seu pai en Aguiño

Está investigado polos delitos de homicidio e tenza ilícita de armas

O arrestado pasou a disposición xudicial en Ribeira. EFE. O arrestado pasou a disposición xudicial en Ribeira. EFE.
G24.gal 31/07/2026 16:03

A xuíza do Xulgado de Instrución 1 de Ribeira decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido como principal sospeitoso da morte violenta do seu pai na parroquia de Aguiño, en Ribeira. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou este venres da decisión da xuíza sobre o detido, investigado polos delitos de homicidio e tenencia ilícita de armas.

Os feitos, ocorridos no domicilio familiar da rúa da Vionta, rexistráronse ás dúas da tarde do pasado mércores, cando o detido propinaría varios disparos ao seu pai cun arma de fogo. A vítima foi conducida ao hospital en estado crítico, pero non sobreviviu ás feridas causadas polos impactos de bala.

O presunto autor foi arrestado despois de confesarlle a un veciño o ocorrido e pedirlle que chamara ao 112.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade