Publicador de contidos

Publicador de contidos

O parricida de Aguiño declara que o fixo por defender a avoa: "Arruinei a vida. Matei a meu pai"

O parricida de Aguiño declara que o fixo por defender a avoa: "Arruinei a vida. Matei a meu pai"

O pai do detido enfrontouse coa sogra "por un prato de comida"

Aseguran que a vítima, de 47 anos, era un home violento coa familia: "Viñera a policía moitas veces"

O mozo, de 24 anos, usou unha carabina do calibre 22, que supostamente conseguira no mercado negro

G24.gal 30/07/2026 14:35

Parece que foi o propio mozo, de 24 anos, quen avisou un veciño: "Arruinei a vida. Pegueille tres tiros na cabeza a meu pai". Despois confirmouse que foron dous, cunha carabina de 20 milímetros, que supostamente conseguira no mercado negro, sen permiso de armas. 

A información sae de achegados e do relato dos familiares directos cos que puidemos falar.
Contan que o pai se enfrontou coa sogra. Un día máis.

"Estaban aquí coches a Policía Nacional e da Local, que non é a primeira vez que están nesta zona. O que menos esperabamos é unha nova así".

"O que se comenta é que había maltrato na familia, que os pequenos viviran esa violencia dende pequenos. Dise que a policía tivo que ir varias veces á casa".

"Como compañeiro de pesca, era o primeiro en axudar, pero na casa din que era outro tema".

Seica era o día a día. Desta vez, o enfrontamento veu porque a avoa lle servira a comida ao neto antes ca a el. Outro episodio de violencia, verbal. Din que non lle "puxo a man enriba", pero o rapaz estoupou. Demasiados anos de aguante. 

"Ninguén ten dereito a matar a ninguén pero ás veces hai circunstancias".

"Agora escoitas moitas cousas e non sabes a quen facerlle caso. O mellor é non xulgar e cando se saiba a verdade... A min dáme pena o rapaz". 

Sabíase, pero ninguén esperaba algo así. Tampouco a nai do detido, unha muller que estaba traballando na fábrica cando ocorreu todo e de quen só escoitamos boas palabras. Denunciara o marido varias veces. Botárao da casa, pero sempre había un perdón. Unha constante nos casos de violencia machista. Das nove mulleres asasinadas nos dous últimos meses, só unha denunciara e sete seguían convivindo co seu agresor.

"Como muller non o entendo. Poñen unha denuncia de malos tratos e seguen vivindo co marido. Así non nos axudamos unhas a outras", lamenta unha muller que leva anos veraneando en Aguiño.

A vítima, de 47 anos, andara embarcado, pero levaba tempo sen ir ao mar por unha incapacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade