Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xurado non acada un veredicto no caso da muller que asasinou os seus tres fillos nos EUA

O xurado non acada un veredicto no caso da muller que asasinou os seus tres fillos nos EUA

O debate non está na autoría, senón na responsabilidade penal da muller, se o fixo baixo unha crise psicótica ou era consciente dos seus actos

Enfróntase a cadea perpetua ou a ingresar nun centro psiquiátrico de alta seguridade

G24.gal 03/09/2026 14:11

É a última comparecencia de Lindsay Clancy no tribunal de Masachussetts, cando o xuíz lle comunica que segue sen haber veredicto sobre o seu caso. O xurado leva cinco días deliberando, pero non chega a unha decisión unánime. Ninguén discute que esta muller esganou ata a morte os seus tres fillos en xaneiro de 2023. Despois feriuse cun coitelo e saltou pola ventá.

O debate está na responsabilidade penal da acusada. A súa defensa argumenta que a muller padecía psicose posparto. Para a Fiscalía foron crimes calculados e premeditados, e pide para ela cadea perpetua.

De ser declarada non culpable por enfermidade mental, ingresaría nun hospital psiquiátrico de alta seguridade. O xuízo durou seis semanas e foi seguido en todo o mundo, reabriu o debate que desde hai anos existe nos Estados Unidos sobre a saúde mental materna no posparto. Se o xurado non chega a un veredicto, o xuízo declararíase nulo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade