Prisión provisional sen fianza para o acusado de apuñalar a súa nai durante unha crise psicótica en Lugo
Prisión provisional sen fianza para o acusado de apuñalar a súa nai durante unha crise psicótica en Lugo
O home permanecía hospitalizado no Hospital Universitario Lucus Augusti desde o mes de maio
A muller ingresara con vida no HULA, pero faleceu pouco despois pola gravidade das feridas
Vivenda onde ocorreron os feitos en Lugo. TVG.
A xuíza da praza número 2 Instrución do Tribunal de Instancia de Lugo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza por un delito de homicidio para o home acusado de apuñalar á súa nai durante unha crise psicótica en Lugo no mes de maio, segundo confirmaron fontes do TSXG.
O home permanecía hospitalizado no Hospital Universitario Lucus Augusti desde que ocorreran os feitos, nunha vivenda situada na praza de Bretaña, onde o homicida vivía cos seus pais.
Foi o pai do detido quen atopou a súa muller ferida
Segundo as investigacións, o agresor atacaría a súa nai cunha arma branca no interior do domicilio e logo sairía da casa.
Foi o pai do presunto autor quen, ao regresar ao domicilio e atopar a súa esposa ferida, avisou os servizos de emerxencia, que se desprazaron ao lugar. A dotación contou con varias patrullas da Policía Nacional e da Policía Local de Lugo.
A muller foi trasladada de urxencia ao HULA en estado crítico, aínda que finalmente non puido superar a gravidade das lesións e faleceu de madrugada.