Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desprégase un amplo dispositivo policial por un home atrincheirado na súa casa de Redondela

Desprégase un amplo dispositivo policial por un home atrincheirado na súa casa de Redondela

O veciño conta con antecedentes penais e crese que puido sufrir unha crise psicótica

Finalmente o home abandonou o domicilio de forma voluntaria e recibiu atención sanitaria

G24.gal 06/08/2026 15:12 Última actualización 06/08/2026 15:40

Un amplo dispositivo formado por efectivos da Policía Nacional, a Policía Local de Redondela e servizos sanitarios permanece despregado este xoves na rúa Paseo do Pexegueiro, na parroquia de Cesantes, por mor dun home que se atrincheirou na súa vivenda.

Segundo informaron fontes policiais, o veciño conta con antecedentes penais e podía sufrir un brote psicótico, o que motivou a intervención dos corpos de seguridade e dos equipos de emerxencias.

Finalmente o home abandonou o domicilio de forma voluntaria e recibiu atención sanitaria.

O operativo permanece activo mentres se desenvolven os labores de mediación e non transcenderon máis detalles sobre a evolución da intervención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade