Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 45 anos atrinchéirase na casa en Teo e a policía ten que entrar a sacalo

Un home de 45 anos atrinchéirase na casa en Teo e a policía ten que entrar a sacalo

O home ten unha enfermidade mental grave e, ao parecer, tiña armas no interior

G24.gal 21/01/2026 21:51 Última actualización 21/01/2026 22:53

Un home, GJM, de 45 anos, atrincheirouse este martes na súa casa na urbanización de Augas Mansas, en Teo.

A persoa padece unha enfermidade mental grave e todo parece indicar que tivo unha crise.

Fontes da Garda Civil aseguran que nunca houbo personas retidas en contra da sua vontade dentro da súa vivenda e que a situación, segundo os axentes, estaba controlada.

Pero crese que o individuo tiña armas na casa e por seguridade, Policía Local e Garda Civil pecharon as dúas entradas á rúa e mantiveron a zona acordoada durante toda a tarde.

Finalmente, acabaron entrando na vivenda para sacalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar