Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Camas (Sevilla) un home que se atrincheirou tras disparar ao aire

Detido en Camas (Sevilla) un home que se atrincheirou tras disparar ao aire

Axentes dos Grupos Operativos Especiais de seguridade participaron no operativo

No opoerativo participaron axentes dos GOES. EFE/Julio Muñoz No opoerativo participaron axentes dos GOES. EFE/Julio Muñoz
G24.gal 11/01/2026 18:52 Última actualización 11/01/2026 19:21

A Policía Nacional detivo pasadas as 14:00 horas deste domingo o home que desde primeira hora da mañá estaba atrincheirado na súa vivenda da localidade de Camas (Sevilla) despois de disparar ao aire varias veces cunha arma de fogo.

Segundo as forzas de seguridade, ao parecer o arrestado tivera problemas coa veciñanza de madrugada. Nun primeiro momento, desprazáronse ao lugar axentes municipais pero, máis tarde, sumouse a Nacional e activouse o protocolo de intervención.

Ademais dun negociador, participaron os Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES) que entraron na vivenda e sacaron o atrincheirado. Ademais, interviron unha escopeta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade