Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil investiga un crime machista en Sevilla

A Garda Civil investiga un crime machista en Sevilla

A muller foi agredida cunha arma branca

O presunto agresor estaba no domicilio cando acudiron os axentes

G24.gal 27/06/2026 10:05 Última actualización 27/06/2026 12:52

A Garda Civil investiga como un caso de violencia machista o asasinato dunha muller de 45 anos no concello sevillano de Mairena del Aljarafe. Así o confirmou o subdelegado do goberno en Sevilla, Francisco Toscano. 

Os axentes chegaron ao domicilio, despois de que o fillo menor da parella pedise axuda. Na vivenda atoparon a muller ferida de arma branca e os servizos sanitarios só puideron certificar a morte.

No domicilio estaba tamén a súa parella, un home duns 46 anos que presentaba feridas "presuntamente froito de autolesións que se autoinflixiría el mesmo" e que foi trasladado a un centro hospitalario sevillano onde permace baixo custodia. 

As autoridades confirmaron que a muller non estaba rexistrada no sistema VioGén e que non constaban denuncias previas por violencia machista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade