Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprehendidas 243 plantas de marihuana en tres plantacións en Negueira de Muñiz

Aprehendidas 243 plantas de marihuana en tres plantacións en Negueira de Muñiz

Parte das plantas comisadas alcanzaban os tres metros de altura

Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 22/08/2026 10:37

A Garda Civil aprehendeu 243 plantas de marihuana en tres plantacións localizadas no concello lugués de Negueira de Muñiz, nun operativo policial que se desenvolveu o xoves pola tarde.

As plantas, segundo informa o instituto armado nun comunicado, estaban situadas a distintos niveis do terreo e dotadas de sistema de rega; parte delas alcanzaban os tres metros de altura.

Os axentes incautáronse da totalidade das plantas localizadas, que foron postas ao dispor da autoridade xudicial competente xunto coas dilixencias instruídas polos axentes actuantes.

Operación aberta

A operación permanece aberta, polo que non se descartan novas actuacións relacionadas con esta investigación.

A Garda Civil sinala que con esta operación reforza o seu labor de prevención e persecución do cultivo e distribución de substancias estupefacientes, especialmente naquelas actividades vinculadas ao establecemento de plantacións destinadas á súa posterior distribución.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade