Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha enxeñeira galega participa na coordinación da resposta a incendios na UE

Unha enxeñeira galega participa na coordinación da resposta a incendios na UE

A enxeñeira galega achegou o coñecemento e a forma de traballar do dispositivo galego, non marco do Mecanismo Europeo de Protección Civil

Nesta unidade intégranse durante o verán expertos de distintos países europeos e unha delas foi esta profesional galega  adscrita ao distrito forestal IX (Lugo-Sarria)

Raquel Carreira está adscrita ao distrito forestal IX (Lugo-Sarria). Foto: Xunta de Galicia Raquel Carreira está adscrita ao distrito forestal IX (Lugo-Sarria). Foto: Xunta de Galicia
G24.gal 22/08/2026 10:56

A enxeñeira técnica forestal Raquel Carreira, profesional do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta no distrito IX (Lugo-Sarria), formou parte este verán da unidade especializada do Centro de Coordinación da Resposta a Emerxencias (ERCC) da Unión Europea en Bruxelas.

Segundo indica a Xunta nun comunicado, Carreira foi a única representante galega neste órgano multidisciplinar que pertence ao Mecanismo Europeo de Protección Civil.

Raquel Carreira participou na avaliación de riscos, detección e resposta operativa ante as vagas de incendios de xullo en Madrid e Castela e León, así como na monitorización de emerxencias en Francia, Grecia e Portugal.

O seu paso pola capital comunitaria permitiulle compartir a metodoloxía e os procedementos técnicos do dispositivo contra incendios que se utiliza en Galicia.

A colaboracion desta inxeñeira galega co Centro de Coordinación de Resposta a Emercencias da Unión Europea coincidiu, ademais, coa formación que 40 bombeiros de Bulgaria en Galicia. En chan galego, no mes de xullo, estudaron as ferramentas de control e a organización de postos de mando empregados pola administración autonómica.

Centro de Coordinación de Resposta a Emercencias da Unión europea

O Centro de Coordinación de Resposta a Emercencias da Unión europea é o núcleo do Mecanismo de Protección Civil dá UE. Neste centro supervísase os acontecementos en todo o mundo; desde alí  garántese o rápido despregamento de apoio de emerxencia despois de grandes desastres, incluída os agravados polo cambio climático, como secas, incendios forestais, etc.

O Centro coordina a prestación de asistencia aos países afectados por desastres, como artigos de socorro, coñecementos especializados, equipos de protección civil e equipos especializados.

Raquel Carreira, enxeñeira téncnica forestal Raquel Carreira, enxeñeira téncnica forestal
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade