Publicador de contidos

Publicador de contidos

Socorristas alertan do aumento de imprudencias e de afogados en Galicia: "Hai menos precaución"

Socorristas alertan do aumento de imprudencias e de afogados en Galicia: "Hai menos precaución"

A presidenta da Federación na comunidade autónoma incide na falta de vixilancia sobre menores

As persoas entre 65 e 74 anos constitúen o grupo con máis falecementos

Socorrista na praia de Silgar, Sanxenxo Socorrista na praia de Silgar, Sanxenxo
G24.gal 22/08/2026 11:34

A presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Nuria Rodríguez, alerta do aumento de imprudencias tanto en praias como en piscinas e cualifica ol nivel de accidentes de "bastante elevado".

A 31 de xullo xa se rexistraran 42 persoas afogadas, oito máis que o ano pasado, entre eles unha nena falecida en Vigo. A presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia salienta especialmente na necesidade de evitar imprudencias vinculadas con menores.

"A xente non está a vixiar aos nenos como ten que facelo", sinala.

Á vixilancia escasa súmase, segundo Elena Fernández, o feito de que, en xeral, tamén por parte de adultos, "se faga menos caso" aos socorristas ou aos avisos existentes. "Menos precaución", resume.

Impudencias  habituais

Entre as imprudencias, cita, Elena Fernández,  entrar no mar con bandeira vermella; tirarse de golpe na auga no canto de meterse amodo "e mollando todas as articulacións" ou o uso de inchables sen ter en conta as correntes "que te levan para dentro".

Salienta que os pais non se deben de fiar só porque os nenos leven pequenos flotadors nos brazos, xa que só iso non garante a seguridade.

"Se o neno salta e escápaselle o manguito, non hai seguridade, o recomendable son os chalecos", precisa.

 

Situación xeneralizada en toda España

A presidenta de Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia apunta que esta situación é xeneralizada en España, non só en Galicia.

A nivel do Estado, o balance acumulado entre o 1 de xaneiro e o 31 de xullo ascende a 308 mortes por ahogamiento. Xullo converteuse no segundo mes con maior número de falecementos de 2026, unicamente por detrás de xuño, cando se contabilizaron 92 casos.

Durante xullo rexistráronse doce mortes de menores de idade, o que eleva a 31 o número de vítimas menores desde comezos de 2026. No caso de Galicia, foi unha nena a falecida, en concreto en Vigo, sinalou Nuria Rodríguez.

Perfil dos afogados

No conxunto do ano, o perfil da vítima concéntrase principalmente nas idades máis avanzadas. As persoas entre 65 e 74 anos constitúen o grupo con máis falecementos, seguidas das persoas de máis de 75 anos e de quen tiña entre 55 e 64 anos. Dáse máis entre homes que en mulleres.

"A xente non é consciente", apunta Nuria Rodríguez sobre os perigos e ao incidir, ademais, en que non se escoita aos e as socorristas ao considerar que non teñen "autoridade suficiente". Salienta que non hai que quedarse só nos afogados, senón tamén no aumento de paradas cardíacas ou de persoas con lesións medulares por tirarse desde as rocas ou desde miradoiros.

"Ás veces rin dos socorristas", lamenta.

En canto aos ahogamientos, asegura que na xente maior débese a indisposicións cando se atopan na auga, con maiores casos entre as 12.00 e as 16.00 horas. "Moitas veces en zonas sen vixilancia", especifica.

Consello: "seguir sempre as recomendacións do socorrista"

Por iso, insta as administracións a ter en conta o feito de que "moitos afogados prodúcense cando non hai un servizo de salvamento" e  pide que se intensifique a presenza do mesmo.

"Non todas as praias teñen socorrista ben porque o concello non quere investir no servizo, son os responsables de que o haxa, matiza, e outros porque non atopan profesionais", apostila.

Mentres, apela a seguir a recomendación dos socorristas e a extremar a vixilancia, especialmente nos nenos. 

"O socorrista na piscina ou na praia vixía todo o espazo acuático, a xente se confude co seu labor", engade para insistir na importancia de que os pais ou achegados vixíen aos menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade