Publicador de contidos

Publicador de contidos

The Times recomenda o Hostal dos Reis Católicos por ubicación, arquitectura e historia

The Times recomenda o Hostal dos Reis Católicos por ubicación, arquitectura e historia

Os británicos son boa parte da clientela do hotel de cinco estrelas

O parador leva todo o verán roldando o cento por cento de ocupación

Titular do artigo do xornal británico The Times gabando o Hostal dos Reis Católicos
G24.gal 21/08/2026 21:42 Última actualización 21/08/2026 21:55

O edificio plateresco construído polos Reis Católicos entre 1501 e 1511 é un dos hoteis máis cobizados do mundo con numerosos premios. Os xornalistas de turismo elixírono este ano mellor hotel de España e National Geographic o mellor hotel con historia.

Agora, o artigo publicado hai uns días en The Times destaca o Hostal como base para coñecer o norte da península o que é positivo non só para o parador senón tamén para a cidade de Santiago e para o norte de España, comenta Santiago Carrera, director do Hostal dos Reis Católicos

Seguramente o artigo algo influirá para que a partir de agora, os británicos veñan ao norte de España, a Galicia e ao Hostal.

Noutras ocasións xa notaron que artigos deste tipo ou mesmo películas atraen clientela.

Películas como The Way nos Estados Unidos ou o ano pasado unha película en Italia, e este ano creo que son os segundos ou terceiros estranxeiros en volume os italianos.

Por ubicación, historia ou arquitectura, malia a información previa, o lugar sempre supera as expectativas do visitante.

​Esto é unha xoia arquitectónica, BIC, e durmir nun edificio que ten 500 anos de historia é como durmir nun museo, entón eso é o valor engadido que lle dá a xente que vén aquí.

Británicos e franceses son xunto aos estadounidenses os principais clientes estranxeiros do Hostal dos Reis Catñolicos que leva todo o verán roldando o cen por cento de ocupación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos