Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un falecido, dous feridos de consideración e seis leves nun accidente múltiple no Corgo

Un falecido, dous feridos de consideración e seis leves nun accidente múltiple no Corgo

No sinistro víronse implicados tres vehículos

G24.gal 21/08/2026 19:56

Unha persoa morreu, dúas presentan feridas de consideración e outras seis resultaron leves tras un accidente múltiple no Corgo. Segundo informa o 112 Galicia, no sinistro, que se rexistrou cara ás 18 horas, víronse implicados tres vehículos, un deles envorcado. 

O accidente produciuse no quilómetro 7 da estrada CG-2.2 ao seu paso por Anseán, no concello do Corgo, en sentido Monforte de Lemos. O 112 Galicia mobilizou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar dos feitos, o persoal sanitario confirmou que unha persoa estaba falecida, dúas presentaban feridas graves e outras seis persoas resultaron feridas de carácter leve.

Ademais, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal de mantemento da vía e dos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade