Detido tras deixar varios feridos ao atacar cunha espada nunha escola en Suecia
O home recibiu varios disparos durante o arresto
Varias persoas resultaron feridas este venres tras seren atacadas cunha espada nun instituto de secundaria de Fagersta, no centro de Suecia, segundo informaron as autoridades municipais.
A Policía desprazouse ao centro onde detivo un home sospeitoso do ataque. Segundo a radio pública sueca, o individuo recibiu disparos dos axentes durante a detención, aínda que polo momento se descoñece o seu estado.
Decenas de policías permanecen na zona, que foi acordoada, mentres se desprazaron varias ambulancias. As autoridades aseguran que a situación está controlada e que xa non existe perigo para a cidadanía.
O instituto Brinell conta con arredor de 500 alumnos, segundo a televisión pública SVT. O suceso prodúcese despois do tiroteo nun centro educativo de Örebro en febreiro do ano pasado, no que morreron des perosas, incluído o atacante.