Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mortos, entre eles un menor, nun tiroteo rexistrado en Isla Cristina (Huelva)

Tres mortos, entre eles un menor, nun tiroteo rexistrado en Isla Cristina (Huelva)

Os tres falecidos serían unha muller, o seu fillo menor e a nai dela

Podería tratarse dun axuste de contas por outro tiroteo que en 2014 deixara un morto e dous feridos

G24.gal 17/08/2026 08:50 Última actualización 17/08/2026 09:55

Un tiroteo rexistrado este domingo pola noite na localidade de Isla Cristina (Huelva) deixou polo menos tres persoas falecidas, unha delas menor de idade. O tiroteo produciuse na barriada do Rocío, cando dous encapuchados nunha motocicleta abriron fogo contra estas persoas e fuxiron, segundo confirmaron fontes próximas á investigación.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación para esclarecer as circunstancias do suceso, así como tratar de identificar os presuntos culpables.

Os tres falecidos serían unha muller, o seu fillo menor e a nai dela; os tres corpos estiveron tendidos no chan da rúa á espera da chegada do xuíz á zona dos feitos para proceder ao seu levantamento e ser trasladados ata o Anatómico Forense onde se lles realizará a autopsia.

Numerosos veciños e visitantes da localidade puideron ver durante tempo os cadáveres das vítimas, ata que foron cubertos, e de inmediato comezaron a circular imaxes nas redes sociais.

Á espera de confirmación oficial, este suceso podería tratarse dun axuste de contas relacionado cun tiroteo anterior que tivo lugar na barriada de El Torrejón da capital onubense en setembro de 2024 que deixou un morto e dous feridos.

O presunto autor dos disparos mortais fuxiu inmediatamente tras os feitos, aínda que semanas despois foi localizado e detido en Xixón (Asturias) pola Policía Nacional.

Nas semanas posteriores rexistráronse varios tiroteos adicionais de represalia ou amedrentamento no barrio, que se trasladaron despois a Isla Cristina, onde se refuxiaron varios familiares do agresor.

Nesta localidade, en maio de 2025, a Garda Civil despregou un operativo e detivo tres persoas desta contorna por ameazar veciños con armas de fogo e realizar disparos desde azoteas; e en xullo do ano pasado rexistrouse outro tiroteo que rematou cun home morto e unha muller ferida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade