O turismo cinematográfico chega a Galicia grazas ás series e películas rodadas na nosa comunidade
"Mar Adentro", de Alejandro Amenábar, levou a inmensidade e a beleza da praia das Furnas máis aló das nosas pantallas
A película "The Way" foi o motivo de que moitos norteamericanos decidiran facer o Camiño de Santiago
Foi a película "Mar Adentro", de Alejandro Amenábar, a que levou a inmensidade e a beleza da praia das Furnas máis aló das nosas pantallas e mesmo das nosas fronteiras para contar a historia de Ramón Sampedro.
Ademais das películas, as grandes plataformas levan anos escollendo Galicia como escenario para as súas produccións. Ferrol, Cedeira ou Valdoviño por exemplo son algunhas das localizacións da serie Rapa.
E con esas paisaxes e eses lugares na retina, non son poucos os que deciden a súa próxima viaxe, o seu próximo destino. Ata ten a súa propia denominación, chámase turismo cinematográfico.
Aló polo 2010 a película "The Way" foi o motivo de que moitos norteamericanos decidiran facer o Camiño de Santiago.
O público quere saber cómo son en realidade eses lugares nos que rodan as súas series ou pelicúlas favoritas. E moitos están aquí. A serie "El desorden que dejas" levounos ata Bande e a Ribeira Sacra, e converteu o mosteiro de San Salvador de Celanova no colexio máis fermoso e inquietante de Galicia.
A viaxe por estes escenarios de cine lévanos tamén a cidades como Ourense, Vigo A Coruña ou Pontevedra, as actuais e mesmo as de hai décadas.
Os lugares de cine ao noso alcance, poden ser o destino da nosa próxima viaxe.