Publicador de contidos

Publicador de contidos

Betanzos celebra esta noite a solta do Globo na honra de San Roque

Betanzos celebra esta noite a solta do Globo na honra de San Roque

A tradición da solta do globo remóntase ao século XIX

O globo de Betanzos está formado por dezaseis pezas de papel e ten 25 metros de altura

G24.gal 16/08/2026 14:52

As festas de San Roque de Betanzos vivirán esta noite o seu momento máis agardado. Coma cada 16 de agosto, milleiros de persoas seguirán o lanzamento do globo desde a praza dos irmáns García Naveira.

Polo momento, aínda sen armar, gárdano aquí, a carón da torre da igrexa de San Domingos, desde onde o van soltar esta medianoite. Esta formado por 16 pezas de papel. Unha vez depregado, o globo alcanza 25 metros de altura e máis de 50 de circunferencia.

"O globo constrúese básicamente con papel, anaquiño a anaquiño, anaquiños dun metro por sesenta. Eses anaquiños vanse pegando uns a outros, como se fosen os ladrillos dun muro", explica Emilio Pita, neto do impulsor do Globo de Betanzos.

Foi o avó de Emilio, Claudino Pita, quen comezou en 1875 a tradición de confeccionar o globo e lanzalo ao ceo na honra de san Roque.

"Non é só un espectáculo, eso é subxacente. O máis importante é a ofrenda que supón, a que fixo o meu avó a san Roque", asegura Emilio Pita.

Esta noite volverase renovar unha tradición que se vén celebrando nas festas do San Roque de Betanzos desde hai 151 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar