Os concellos seleccionados para acoller 24 novas residencias adhírense ao plan da Xunta
O obxectivo do Goberno galego é crear 3.500 novas prazas nesta lexislatura
San Cibrao das Viñas xa decidiu cal vai ser a parcela que pon a disposición da Xunta para construír unha das novas 24 residencias. Serán 1.800 prazas que buscan manter o apego dos maiores co lugar onde sempre viviron.
"Grazas por esa adhesión. O 100 % dos concellos están adheridos en moito menos prazo do que dimos. Nós non queremos macrocentros, queremos fogares para as persoas maiores, e esas case 2.000 prazas que creamos van nese sentido", di Alfonso Rueda.
A Xunta comprométese a crear 3.500 novas prazas en centros de maiores nesta lexislatura: "É moi fácil prometer que se vai facer moito e logo non facer nada", critica o presidente Rueda.
Os 24 concellos adheridos ao plan teñen agora un ano para facer efectiva a cesión do terreo onde a Xunta construirá a residencia.