Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre en Ferrol a residencia construída pola Fundación Amancio Ortega

Abre en Ferrol a residencia construída pola Fundación Amancio Ortega

A residencia, cedida ao Goberno galego, conta con 120 prazas públicas

G24.gal 07/10/2026 16:31

A Xunta de Galicia confirmou este mércores a entrada en funcionamento da residencia pública de persoas maiores de Ferrol construída pola Fundación Amancio Ortega e cedida ao Goberno autonómico, tras a incorporación dos seus primeiros usuarios.

O Executivo galego estima que o centro "irá completando a súa capacidade nas próximas semanas, seguindo o proceso de adaptación dos residentes".

As dependencias, que contarán con 120 prazas públicas, xa albergan a cinco usuarios, todos eles de Ferrol e a súa comarca, e o primeiro deles é unha muller ferrolá, Carmen, segundo apuntou a Administración autonómica.

A conselleira de Política Social e o alcalde de Ferrol visitaron as instalacións A conselleira de Política Social e o alcalde de Ferrol visitaron as instalacións

Fabiola García apuntou que a residencia é a quinta en funcionamento das sete proxectadas pola Fundación Amancio Ortega para as principais cidades de Galicia e indicou que as de Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e A Coruña están "a pleno rendemento". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade