Cargando resultados...
Por segundo ano, o ilusionista Marcos Waldemar gaña o título de Campión de España de Maxia
Desta volta foi na categoría de invención, cun truco relacionado co viño e que xa exhibiu nunha xira que vén de facer por Latinoamérica
O seu seguinte reto é un espectáculo no Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo no mes de setembro
G24.gal
16/08/2026 14:51
Última actualización 16/08/2026 15:10
Marcos Waldemar Iniciouse na maxia vén novo. Confesa que "son mago porque escoitaba as historias do Conde de Waldemar, que foi un mago increíble que viaxou por 69 países"
Toma o nome do seu antepasado, pero leva máis de vinte anos vivindo da maxia. É a segunda vez que obtén o título de mellor mago de España. Sinala que "estou moi agradecido porque é un recoñecemento ao traballo"
Vén de facer unha xira por Latinoamérica e en setembro, estrea en Lugo.
E nunca deixa de abraiar coa súa maxia.