Cargando resultados...
Salvamento remolca un pesqueiro sen goberno a dúas millas da Coruña
O pesqueiro ten 10,6 metros de eslora e nel navegaban dous tripulantes
Embarcación de Salvamento Marítimo fronte á Torre de Hércules, A Coruña (Salvamento Marítimo)
G24.gal
02/10/2026 17:10
Salvamento Marítimo remolcou este venres un pesqueiro que se atopaba sen goberno a 2,1 millas da torre de Hércules, na Coruña.
Segundo informou o servizo de emerxencias, o pesqueiro ten 10,6 metros de eslora e nel navegaban dous tripulantes.
Tras recibir o aviso da embarcación, o Centro de Coordinación de Salvamento da Coruña mobilizou a Salvamar Betelgueuse, que o remolcou ao peirao de Oza.