Rescatan dous homes no mar tras irse a pique a súa embarcacion en Cangas
A lancha motora na que ían afundiuse pero lograron gorecerse nunha rochas
Foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas de hipotermia
Unha dotación da Garda Civil rescatou este domingo dous homes que caeran ao mar tras afundirse unha embarcación de recreo, a 300 metros da praia do Medio, en Punta Balea, no concello de Cangas.
Segundo informa o 112, a lancha motora na que ían, de 10 metros de eslora, comezou a fumegar e foi a pique. Tras o naufraxio, ambos os dous lograron gorecerse nunhas rochas. Ocorreu sobre as 8:40 horas.
De camiño ao porto do Berbés, os axentes solicitaron asistencia médica. Xa en terra, foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas de hipotermia.
Imaxes cedidas por Gardacostas de Galicia
O Servizo de Gardacostas confirmou que a embarcación a motor quedou totalmente afundida con combustible no depósito pero que, polo momento, non se aprecia contaminación.
No operativo tamén participou Salvamento Marítimo, a Policía Local e Protección Civil de Cangas.
A embarcación afundida. GARDA CIVIL